lunes, 27 de octubre de 2008

Sempre choveu e sempre chovera ...

Sedia-m'eu na ermida de San Simón
e cercaron-mi as ondas, que grandes son.
Eu atendend'o meu amigo. E verrá?

Estando na ermida ant'o altar,
cercaron-mi as ondas grandes do mar.
Eu atendend'o meu amigo. E verrá?


E cercaron-mi as ondas, que grandes son:
non hei i barqueiro, nen remador.
Eu atendend'o meu amigo. E verrá?


E cercaron-mi as ondas do alto mar:
non hei i barqueiro, nen sei remar.
Eu atendend'o meu amigo. E verrá?


Non hei i barqueiro, nen remador:
morrerei eu fremosa no mar maior.
Eu atendend'o meu amigo. E verrá?


Non hei i barqueiro, nen sei remar:
morrerei fremosa no alto mar.
Eu atendend'o meu amigo. E verrá?

Mendinho s XIII




...Pero na illa de San Simón choveu a doer e parecía que non ía escampar.
Este domingo fomos nunha viaxe ás illas de San Simón e San Antón. Unhas illas que xa dende cativo me tiñan engaiolado, sempre ahí, ao fondo da ría, dicindo, estou aquí e non sabes o que agocho. De pequenos dicíannos que era unha illa de leprosos e que tiraban os mortos ao mar , que o fondo do mar estaba cheo dos seus ósos, logo un vai medrando e con el a curiosidade. Dinche: -"foi cenobio de monxes, foi lazareto para os barcos que viñan das Ámericas, foi cárcere do réxime, foi albergue dos fascistas e tamen foi fogar para orfos".





Todo iso xa o coñecía, pero estando nas illas e vendo os recodatorios que alí se conservan é cando en verdade palpas o que realmente puido pasar esa xente, en mans de asasinos sen nengún tipo de escrúpulo.
Verdadeiramente sentinme mal, sentín dor, impotencia, ganas de berrar ata non poder máis.




















Logo un pouco máis calmo, pousas a vista nas illas e ves que son do máis fermoso que se pode atopar, un paseo de buxos de máis de cincocentos anos, unhas paixases que son remanso de tranquilidade, pensas en Mendinho, Martin Codax e Joán de Cangas... xente privilexiada con tempo e tranquilidade ¿penso eu?.

A verdade e que foi unha viaxe moi entretida dende o Museo do Mar en Vigo. É moi recomendable que o que poida ir non o deixe pasar, aparte o tempo acompañou e pasamos unha mañan do máis aproveitada.
máis información en:http://www.illadesansimon.org/
vémonos sempre, Alfonso.





1 comentario:

Unknown dijo...

As fotos son chulisimas,temos q animarnos nos,pero habera q ter coidado co dia,porq ainda q alabes as clemencias do noso clima,xa sabes q che pode caer unha en calquera momento.A min tamen sempre me pareceu q a illa de San Simon tiña un encanto especial,si q pasaron cousas moi duras,como pode ser nun sitio tan fermoso?Ay!!!
Pero as fotos de Domaio son o mellor,diria a miña media laranxa.
Coidate paisano.