sábado, 14 de marzo de 2009

Chove poesía


XA ESTA AQUÍ!

Foi un nacemento esperado, lento, pausado… pero, ao fin, arrolada con temperanza e aloumiños, teño o pracer de amosarvos a primeira obra literaria da raíña dos meus días.

A presentación vai ter lugar o venres 27 de marzo as 19:30 no Centro Social Rivera Atienza (C/. Martínez Garrido 19, ao lado da Escola Oficial de Idiomas de Vigo).

Estarán con nos o editor, Severino Cardeñoso, e o escritor e amigo Calros Solla, valedores deste traballo.

Agardamos compartir con vos este día e que sexa un anaquiño de tempo inesquecíbel para todos.