viernes, 24 de diciembre de 2010

Visado de calle

Programa moi interesante con contidos dos que xa e raro ver na tv.




viernes, 3 de diciembre de 2010

Mais xente de Domaio

O amigo Borja Docampo (o fillo de Juan de Martín), ven de

presentarnos un libro sobre a evolución

arquitectonica de Moaña.


Noraboa Borja.

miércoles, 17 de noviembre de 2010

Escopeta nova


Non vai quedar títere con cabeza!!








jueves, 11 de noviembre de 2010

Vexo Vigo,vexo Cangas, tamen vexo Redondela tamen vexo Galicia e a ría, toda chea de merda

Dende que eu era un crío sempre mirei como o mar era tratado coma se de un basureiro se tratara. Dende os mexilloeiros, mariñeiros, asteleiros e demais industria e calquera que tivese algo nas mans, O MAR TODO O TRAGA.

Me pon de moi mala sangue ver como a xente se cree que pode facer o que lles peta, tirar merda por calquer parte,e se por casualidade lle dis algo que carraxe, que malaostia, que ofendidos. Eu tomei a determinación de chamarlle porcos a sua cara dicirlle as cousas claras, asi polo menos a sua carraxe, non sei pareceme mais xustificada pero non deixa de ser unha tristura ver como enchemos este noso mar de merda e mais merda, pensando que nunca nos vai a afectar. E iso non é o peor, que bonito e o mar dende terra, que azul, que ondas, pero cando te metes dentro del, mergullaste e as veces danche ganas de moitas cousas e ningunha boa, rodas, plasticos, lavadoras, redes, cordas, zapatos e un infinito lixo que queiramos ou non vainos a comer,porque non temos conciencia de que a TERRA NON É NOSA senon que nos formamos parte dela e penso: que somos mais como microbios que facemos moito mais dano que ben e asi ela nos quere botar fora do seu corpo, xa sexa con inudacións, terremotos ou calquer outra alteración atmosferica digamos Neno, Cambio climatico, furacans, tornados. etc.
E o mais, ¡triste que boleiro de merda lle deixamos os nosos fillos!




domingo, 7 de noviembre de 2010

Viaxe a Estoril


Unha fin de semana con amigos e motos, ¿que máis se pode pedir?







martes, 12 de octubre de 2010

Cousas de Galiza

VERDADES COMA PUÑOS.

miércoles, 7 de julio de 2010

San Pedro, San Benito e San Roque.


O que falte non ten perdón de Dios.

miércoles, 23 de junio de 2010

martes, 15 de junio de 2010

Ler e repetir un milleiro de veces.


Galiza

Caste dos celtas, esperta axiña
ergue do fango da escravitú
Patria da ialma teus ceibes cantos
enchan o mundo de Norte a Sul

Das costas bravas, do Finisterre
hastra as douradas veiras do Sil,
ruxan os ventos de loita e morte
contra os tiranos do meu país.

Dos meus pasados, bendita terra,
nai adourada da miña nai
creva as cadeas que te asoballan
e cingue a croa da libertá.

Cantai galegos o himno xigante
dos pobos ceibes, dos pobos grandes,
cantai galegos a idea santa
da independencia da nosa Patria.

Alfredo Brañas.

miércoles, 9 de junio de 2010

Nestes momentos.


Visto o momento. Difrutemos.

miércoles, 12 de mayo de 2010

Pan prós crocodilos

O amigo Calros segue a sacar pan do forno.






sábado, 24 de abril de 2010

domingo, 14 de marzo de 2010

Rezemos todos

Que o mundo se acaba.






Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.
Demos, trasgos e diaños, espritos das nevoadas veigas.
Corvos, pintigas e meigas, feitizos das manciñeiras.
Podres cañotas furadas, fogar dos vermes e alimañas.
Lume das Santas Compañas, mal de ollo, negros meigallos, cheiro de mortos, tronos e raios.
Oubeo do can, pregón da morte ; fuciño do sátiro e pé de coello.
Pecadora língua de mala muller casada cun home vello.
Averno de Satán e Belcebú, lume dos cadavres ardentes, corpos mutilados dos indecentes, peidos dos infernales cús, muxido da mar embravescida.
Barriga inútil da muller solteira, falar dos gatos que andan a xaneira, guedella porca de cabra mal parida.
Con este fol levantarei as chamas deste lume que asemella as do Inferno, e fuxirán as bruxas a cabalo das súas escobas, índose bañar na praia das areas gordas.
¡Oíde, oíde ! os ruxidos que dan as que non poden deixar de quemarse na aguardente quedando así purificadas.
E cando este brevaxe baixe polas nosas gorxas, quedaremos libres dos males da nosa ialma e de todo embruxamento.
Forzas do ar, terra, mar e lume, a vos fago esta chamada : si é verdade que tendes mais poder ca humana xente, eiquí e agora, facede cos espritos dos amigos que están fora, participen con nós desta Queimada.

lunes, 8 de marzo de 2010

Cousas da cicloxenesis


Esta foi a preamar máis chea que ollei na miña vida

domingo, 10 de enero de 2010

Verzas a 90º


Galiza sempre ten destas cousas.