miércoles, 24 de diciembre de 2008

Dandolle as mans


Chegado este tempo de Nadal, acordei facer uns agasallos para a miña xente e como eu non son moi dado a verba fácil e rimada (sempre que non sexa de escarnio) decidín darlle o que si se me da algo mellor, o aceiro, aparte dunha pequena incursión na prata, fundición incluida




Deixovos aquí unhas imaxes do que a miña cabeciña e as miñas mans deron feito.






triangulo en aceiro




prata e vitón







orca en aceiro




lua en aceiro



tabla de surf en aceiro



triangulo en aceiro



cadrado en aceiro






aceiro e vitón





aceiro con esfera do mesmo material





prata en lagrimas







aceiro con micro ondulación e franxa mate






ondulación aceiro sección redonda




chaveiro tamen en aceiro





aceiro e vitón






prata laminada e fresada





aceiro fresado






triangulo con esfera en aceiro




aceiro e vitón






ondulación en aceiro sección cadrada

espiral en aceiro


Espero que vos gostase tanto como a min, son cousas feitas con moito cariño pensando en cada unha das persoas a cal vai ser regalada cada peza.



O aceiro e inox 318.

A prata saiu dunha escrava moi macarra que eu tiña.

Para ollalos mellor ver en Picasa http://picasaweb.google.com/fonso.gp/DandolleAsMans#







lunes, 1 de diciembre de 2008

Chuva doce


Temos na páxina de Vieiros doce fermosos relatos co noso mar como grande protagonista.
Podes leelos ou descargalos en pdf o que ti prefiras.

lunes, 27 de octubre de 2008

Sempre choveu e sempre chovera ...

Sedia-m'eu na ermida de San Simón
e cercaron-mi as ondas, que grandes son.
Eu atendend'o meu amigo. E verrá?

Estando na ermida ant'o altar,
cercaron-mi as ondas grandes do mar.
Eu atendend'o meu amigo. E verrá?


E cercaron-mi as ondas, que grandes son:
non hei i barqueiro, nen remador.
Eu atendend'o meu amigo. E verrá?


E cercaron-mi as ondas do alto mar:
non hei i barqueiro, nen sei remar.
Eu atendend'o meu amigo. E verrá?


Non hei i barqueiro, nen remador:
morrerei eu fremosa no mar maior.
Eu atendend'o meu amigo. E verrá?


Non hei i barqueiro, nen sei remar:
morrerei fremosa no alto mar.
Eu atendend'o meu amigo. E verrá?

Mendinho s XIII




...Pero na illa de San Simón choveu a doer e parecía que non ía escampar.
Este domingo fomos nunha viaxe ás illas de San Simón e San Antón. Unhas illas que xa dende cativo me tiñan engaiolado, sempre ahí, ao fondo da ría, dicindo, estou aquí e non sabes o que agocho. De pequenos dicíannos que era unha illa de leprosos e que tiraban os mortos ao mar , que o fondo do mar estaba cheo dos seus ósos, logo un vai medrando e con el a curiosidade. Dinche: -"foi cenobio de monxes, foi lazareto para os barcos que viñan das Ámericas, foi cárcere do réxime, foi albergue dos fascistas e tamen foi fogar para orfos".





Todo iso xa o coñecía, pero estando nas illas e vendo os recodatorios que alí se conservan é cando en verdade palpas o que realmente puido pasar esa xente, en mans de asasinos sen nengún tipo de escrúpulo.
Verdadeiramente sentinme mal, sentín dor, impotencia, ganas de berrar ata non poder máis.




















Logo un pouco máis calmo, pousas a vista nas illas e ves que son do máis fermoso que se pode atopar, un paseo de buxos de máis de cincocentos anos, unhas paixases que son remanso de tranquilidade, pensas en Mendinho, Martin Codax e Joán de Cangas... xente privilexiada con tempo e tranquilidade ¿penso eu?.

A verdade e que foi unha viaxe moi entretida dende o Museo do Mar en Vigo. É moi recomendable que o que poida ir non o deixe pasar, aparte o tempo acompañou e pasamos unha mañan do máis aproveitada.
máis información en:http://www.illadesansimon.org/
vémonos sempre, Alfonso.





domingo, 28 de septiembre de 2008

...e aínda que non chova é o mesmo.



Estamos neste recuncho do país.


Para min, despois do que levo visto, é o mellor. É unha cousa que non entendo. Temos: microclima, praias caralludas, materia prima da mellor, xente amigable e unha ría que xa lle gustaría a moitos.


Levo un tempo fixándome nos gurús do tempo na tele e non falan de nós, non existimos para eles. Cando chove na Coruña, por descontado "chove en Galicia" e de verdade me entra un ruxe ruxe ...pero logo penso que canto menos coñezan de nós máis tranquilos estaremos. Nós ao noso pero danme ganas de tirar unha foto cada día e mandarlla a esas eminencias meteorolóxicas para dicirlles: - estamos aquí, morrede de envexa, vos non disfrutades disto!

miércoles, 24 de septiembre de 2008

E sempre chove por enriba dos mesmos



Bos días .


Isto sae adiante por ter que sacar cousas da miña cabeciña que de outro xeito sabe deus o dano que farian dentro.


Por exemplo, a lei de costas. Como lle dices a xente que leva toda a sua vida vivindo o lado do mar na sua casiña que iso non vai ser deles, por que a Xunta tira polo camiño do medio sen ningun tipo de estudo nin vendo as caracteristicas individuais de cada sitio,por poñer un exemplo, Combarro (na foto), e o mais absurdo que se fai neste pais dende hai anos.

como van deixar sen casa a miles de persoas so en Galicia por dicir un dos casos mais arrepiantes xa que a inmesa maioria das cidades e pobos de esta terra estan a caron do mar.

Levamos decenios quitandolle espazo o mar con absurdos recheos, portos para uns poucos,e mil cousas mais, e agora pariu a vella con esta andromena.
Isto para empezar,que non sabemos como acabaremos.
Vemonos sempre.
afs