martes, 15 de junio de 2010

Ler e repetir un milleiro de veces.


Galiza

Caste dos celtas, esperta axiña
ergue do fango da escravitú
Patria da ialma teus ceibes cantos
enchan o mundo de Norte a Sul

Das costas bravas, do Finisterre
hastra as douradas veiras do Sil,
ruxan os ventos de loita e morte
contra os tiranos do meu país.

Dos meus pasados, bendita terra,
nai adourada da miña nai
creva as cadeas que te asoballan
e cingue a croa da libertá.

Cantai galegos o himno xigante
dos pobos ceibes, dos pobos grandes,
cantai galegos a idea santa
da independencia da nosa Patria.

Alfredo Brañas.

miércoles, 9 de junio de 2010